¿Que son "artelituras"?



Artelituras son eses pequenos seres con forma escrita que camiñan dende o meu teclado ata a túa ollada. Eles medraron dentro de min como un enxendro de flores raras, como unha paisaxe submarina conformada por todas esas historias pequenas, casi mudas, que escoitei dicir. Son a miña sombra proxectada sobre un mundo que non deixa de parecerme raro, escuro. O meu último intento de chegar a onde esteas ti.